Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Camiño de Santiago > As rutas > Engadir á "Miña viaxe"

Máis historias...

  • Marta Pomati...

    Marta Pomati...

    “Esta vez camiño soa e non estou ben fisicamente, por iso estame a custar moito facer o Camiño...”

  • Roger Dubief e Lucie

    Roger Dubief e Lucie...

    "O Camiño de Santiago é unha experiencia particular polo que somos, non polo que facemos na vida..."

  • David Kurten

    David Kurten...

    "Cando camiño catro ou cinco días, soamente coa miña mochila, sinto a paz e o silencio da natureza..."

  • Gabriela Ayestarán, Pilar Miranda e Andrea Torroba

    Gabriela Ayestarán, Pilar Miranda e Andrea Torroba

    “No Camiño aprendes moito e permíteche distanciarte da vida de sempre. O ambiente é incrible...”

  • Darvy Scott

    Darvy Scott

    “Facendo o Camiño encontrei unha paz interior, que sae cara a fóra, e dáste conta de que estás completamente de acordo co que estás a facer...”

  • Adela González, Fernando Piedrafita e Fernandito

    Adela González, Fernando Piedrafita e Fernandito

    “Cando chegas a Santiago estás feliz por chegar, mais dáche pena porque xa acabaches..."

  • Carlos Calafell Brucart e Carlos

    Carlos Calafell Brucart e Carlos

    “E a primeira vez que o fixen dinme conta do que unha persoa é capaz de facer se te esforzas...”

  • Joaquín Ibáñez

    Joaquín Ibáñez

    “Teño 60 años, o cansazo fai o seu e sufro dos pés, e quizá son un pouco inconstante, así que me propoño sempre acabar o Camiño..."

  • Lidia Cuasés e Antonia Campos

    Lidia Cuasés e Antonia Campos

    “Antonia animoume, picoume a curiosidade e decidín vir ver. A miña intención é meditar, mais non é fácil..."

  • Lola e Javier

    Lola e Javier

    “Esta vez foi unha oportunidade para coñecer mellor a Lola. Vivir unha experiencia non ao límite, pero dunha certa dureza...”

  • David Domínguez

    David Domínguez

    “Hai momentos moi duros tamén. O ano pasado avarióuseme a bici tres veces, e non faltou nada para abandonar...”

  • Marie Danielle e Marie Pierre

    Marie Danielle e Marie Pierre

    “O Camiño é unha experiencia de sinxeleza e alegría, a comunión coa Natureza e con todas as caras ou seres que viven no meu corazón...”

Camiño de Santiago...

Camiño Primitivo

Os peregrinos chegaron a Compostela desde moitos puntos e seguindo distintos camiños, algúns como este do Norte máis antigo aínda ca o clásico francés. Efectivamente, as primeiras peregrinacións chegaron de Asturias, antes do século X, fomentadas durante a monarquía asturiana.

Ampliar

A ruta comezaba no País Vasco, percorría a cornixa cantábrica, pasando por Oviedo, e dividíase ao entrar en Galicia.  A vía do interior atravesaba o porto do Acevo para pisar terra galega na Fonsagrada. Desde alí, despois de descansar no mítico Hospital de Montouto, baixaban os peregrinos contemplando a torre do castelo de Castroverde ata traspasar ditosos as murallas romanas de Lugo. Hoxe pódese facer este percorrido por unha estrada de montaña que nun interminable descenso nos ofrece, ademais, a contemplación dos restos históricos da Pobra de Burón, pazos como os de Abraira, Cellán de Mosteiro ou Piñeiro e o castro de Viladonga.

En Lugo o peregrino quedará marabillado polas impoñentes murallas romanas que gardan no seu interior unha historia bimilenaria e unha catedral con mestura de estilos románico, gótico, barroco e neoclásico. Desde esta cidade o camiño descorre paralelo polo norte ao Camiño Francés, ao que se une na vila de Melide.

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba