Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Visita estes... destinos > Cidades > Santiago de Compostela > Engadir á "Miña viaxe"

Cidade de Santiago de Compostela

Patrimonio da Humanidade desde 1985, Santiago de Compostela leva séculos atraendo visitantes e peregrinos de todo o mundo. É a cidade máis cosmopolita de Galicia pero tómao con naturalidade, por iso desde o primeiro momento sentes que formas parte dela.

Aquí telo todo.

No casco histórico, a Catedral e o Pórtico da Gloria. Prazas emblemáticas como a do Obradoiro, a Quintana e O Toural. Decenas de igrexas, conventos e pazos. Románico, gótico, barroco. E tamén tendas, bares, restaurantes e un bonito Mercado de Abastos ateigado de produtos frescos. Ademais, en pleno centro, a Alameda coas súas árbores de camelias e o Paseo da Ferradura, cunha estupenda vista da catedral. E á beira do Sar, a Colexiata de Santa María e as súas imposibles columnas inclinadas.

Santiago é grande. E así faiche sentir. 

Ampliar
  • Arco de Mazarelos

    Arco de Mazarelos

    Única porta que se conserva do primitivo recinto amurallado medieval. Por ela entraba o viño procedente do Ulla e do Ribeiro.

  • Capela de Ánimas

    Capela de Ánimas

    Neoclásica. Proxecto de Ferro Caaveiro e reforma de Ventura Rodríguez. Grupos escultóricos en terracota.

     

     

  • Casa da Parra

    Casa da Parra

    S. XVII, exuberante decoración vexetal pétrea na fachada.

  • Casa do Cabido

    Casa do Cabido

    Barroco do s. XVIII, creado como fachada de peche da Praza de Praterías, de aí a súa estreitez lateral

  • Casa do Deán

    Casa do Deán

    Pazo barroco, s. XVIII. Hoxe Oficina de Acollida de Peregrinos.

  • Casa dos Cóengos

    Casa dos Cóengos

    Creada para pechar a Praza da Quintana. s. XVII, destacan os seus soportais e chemineas. Obra de Domingo Antonio de Andrade e Casas e Novoa.

  • Catedral de Santiago de Compostela

    Catedral de Santiago de Compostela

    Construída a partir de 1075 sobre restos de edificios de períodos anteriores. As naves e deambulatorio (parte máis antiga do templo) levantáronse durante os s. XI e XII

  • Fachada do Obradoiro

    Fachada do Obradoiro

    (1750) - Cumio do estilo barroco compostelán, obra de Casas e Novoa.

     

     

     

     

  • Pórtico da Gloria

    Pórtico da Gloria

    Románico - 1188.

  • Fachada de Praterías

    Fachada de Praterías

    (Románica, 1103) . Cun dobre pórtico apoiado en once columnas con tripla arquivolta e unha rica iconografía, considerada unha das máis interesantes do románico.

     

     

  • Fachada de Acibechería

    Fachada de Acibechería

    Presidida por unha escultura de Santiago Peregrino, obra do italiano Gambino.

  • Porta Santa

    Porta Santa

    Na praza da Quintana, que mestura elementos barrocos con esculturas románicas reaproveitadas do antigo coro pétreo, só está aberta nos anos santos e permite, accedendo por ela, gañar o xubileu.

  • Colexiata de Santa María a Maior e Real do Sar

    Colexiata de Santa María a Maior e Real do Sar

    Construción románica do s. XII. Impacta a forte inclinación dos piares que sosteñen as naves. Claustro moi destacado. 

  • Colexio de Fonseca

    Colexio de Fonseca

    Edificio renacentista rematado en 1532, cun fermoso claustro porticado.

  • Colexio de San Clemente

    Colexio de San Clemente

    Renacentista de comezos do s. XVII.

  • Convento das Mercedarias

    Convento das Mercedarias

    Barroco, s. XVII. Notable relevo na fachada cunha escena da Anunciación.

     
  • Convento de San Domingos de Bonaval

    Convento de San Domingos de Bonaval

    Orixinariamente do s. XIII, aínda que a maior parte do que se conserva é dos s. XIV, XVII e XVIII. Sede do Museo do Pobo Galego e do Panteón de Galegos Ilustres.

  • Convento de San Francisco

    Convento de San Francisco

    O edificio actual data do s. XVI, aínda que se conservan algúns restos góticos, con especial relevancia do claustro.

     
  • Convento de San Paio de Antealtares

    Convento de San Paio de Antealtares

    Fundado por Afonso II tralo descubrimento dos restos do Apóstolo. Edifico actual dos s. XVII e XVIII. Alberga o Museo de Arte Sacra.

  • Convento de Santa Clara

    Convento de Santa Clara

    Barroco, s. XVII (edificio) e XVIII (fachada).

  • Convento de Santo Agostiño

    Convento de Santo Agostiño

    Edificio barroco, s. XVII. Torre da esquerda destruída por un raio no s. XVIII. A torre dereita está inconclusa.

  • Hostal dos Reis Católicos

    Hostal dos Reis Católicos

    Antigo Hospital Real. Fundado polos Reis Católicos en 1492. Fachada Plateresca de 1511. Na actualidade funciona como Parador Nacional.

  • Igrexa de San Fiz de Solovio

    Igrexa de San Fiz de Solovio

    Neste lugar vivía o eremita Paio, que foi quen alertou ao bispo Teodomiro da existencia do sepulcro do Apóstolo. Igrexa actual do s. XVIII, con portada románica do s. XIII.

  • Igrexa de Santa María Salomé

    Igrexa de Santa María Salomé

    Aglutina unha notable mestura de estilos: portada románica, pórtico do s. XVI, traza exterior barroca, campanario do s. XVIII.

  • Mosteiro de San Martiño Pinario

    Mosteiro de San Martiño Pinario

    Antigo mosteiro bieito, o máis grande de Galicia. Enorme edificio construído entre os s. XVI e XVIII.

  • Pazo de Bendaña

    Pazo de Bendaña

    É un dos grandes pazos urbanos de Santiago. Construído no s. XVIII.

  • Pazo de Raxoi

    Pazo de Raxoi

    Neoclásico de finais do s. XVIII. Sede do concello e do goberno autónomo de Galicia.

  • Pazo de San Xerome

    Pazo de San Xerome

    Magnífica portada do s. XV. Sede do reitorado da Universidade.

  • Pazo de Xelmírez

    Pazo de Xelmírez

    Edificio románico civil do s. XII. Dos poucos exemplos existentes en España.

  • Pórtico da Gloria

    Pórtico da Gloria

    Obra do Mestre Mateo rematada en 1188. Obra cumio da escultura románica que se desenvolve nun pórtico con tres arcos.

  • Praza da Quintana

    Praza da Quintana

    Praza da Quintana: maxestosa e sobria praza dividida en dous espazos diferenciados pola escalinata: A Quintana de Vivos e a Quintana de Mortos. A ela ábrese a Porta Santa, do s. XVII, aínda que decorada con figuras pétreas románicas procedentes do antigo coro do Mestre Mateo.

  • Universidade Contemporánea

    Universidade Contemporánea

    Edificio do s. XVIII, co corpo superior engadido no s. XIX. Actual Facultade de Xeografía e Historia.

Non deixes de ver...

Destacado

  • Cubertas da Catedral

O visitante de Santiago non debe perder a oportunidade de subir ás cubertas da Catedral. A visita aos tellados do templo era xa recomendada no Codex Calistinus para poder apreciar a súa espléndida beleza. O que nós podemos engadir é que dende elas se pode divisar gran parte do conxunto histórico e da parte nova da cidade, así como dos arredores de Santiago, dende o Monte Pedroso ata o do Gozo, converténdose nun miradoiro excepcional.

Dende arriba, Santiago pódese entender mellor, volvéndose ao mesmo tempo máis verdadeira e máis mítica. Nas cubertas poderemos ver a Cruz dos Farrapos, baixo a que os peregrinos medievais queimaban as súas roupas vellas do camiño, nunha especie de ritual purificador. É tamén o lugar óptimo para apreciar as fases construtivas do templo e os variados estilos arquitectónicos empregados ata conseguir o fastoso resultado final.

Propoñémosche estes plans...

ver máis...

Axenda cultural...

Catedral e Centro Histórico de Santiago

PATRIMONIO DA HUMANIDADE

Catedral e Centro Histórico de Santiago

Contén o alento. O Botafumeiro, a 70 km por hora, voa sobre ti...

Terras de Santiago

XEODESTINO

Terras de Santiago

Estas son terras cun gran patrimonio artístico e monumental. Como o mosteiro de Sobrado dos Monxes...

Cidade da Cultura de Galicia

DESTAQUE

Cidade da Cultura de Galicia

O futuro xa está aquí. Ao grande. Unha proposta espectacular que levanta paixóns...

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba