LICEO RECREO OURENSANO

Civil
No Camiño de Santiago
339

Localización

Rúa Lamas Carvajal 5

32005  Ourense - Ourense

Coordenadas:
42º 20' 10.8" N - 7º 51' 52.2" W

Descrición

Tamén chamado pazo de Oca-Valladares. É un dos espazos góticos-renacentistas máis importantes de Galicia (mediados do s. XVI). Edificio cuxa construción concerta Álvaro de Oca e Sarmiento. Ten unha fachada de dúas plantas con cinco escudos de armas de diferentes liñaxes galegas no balcón central e que se repiten no patio de columnas interior. Fonte de mármore de Carrara no devandito patio. Desde 1850 é sede dunha das sociedades culturais máis antigas da cidade: o Liceo Recreo Ourensán

Acceso

Na zona monumental da cidade de Ourense.

Accesibilidade

Peonil.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Última actualización: 05/04/2018
Arriba