VERDANT EXPERIENCES

Axencias de viaxes
1271
No Camiño de Santiago

Descrición

Somos unha axencia de viaxes especializada no noroeste de España especialmente na provincia de Ourense e na Ribeira Sacra. Ofrecemos servizos integrais dende a súa chegada a súa marcha ao aeroporto/estación de tren ou autobús, encargándonos de todo para vostede: transporte, aloxamento, comidas e actividades.

Verdant Experiences é unha axencia de viaxes creada en 2017, rexistrada en Galicia (España) co número de licenza XG-647.

Ofrecemos excursións regulares  en grupos reducidos e rutas baixo demanda. Tamén eventos especiais e paquetes vacacionais de varios días, sempre adaptándonos ás necesidades do cliente.

Turismo cultural, enoturismo, praia, montaña, turismo activo, balnearios, gastronomía, festas populares ... adaptámonos ao que necesite, pero se quere gozar coma un local quedade nas nosas mans.

As excursións privadas que se ofrecen sempre comezan na cidade de Ourense. Se durante a súa estadía en Galicia, o seu aloxamento está noutra cidade e desexa iniciar unha excursión dende esa cidade, tamén é posible.

Camiños de Santiago

Vía da Prata

Clasificación

Grupo: Maiorista-Retallista
Tipo axencia: Casa matriz
Modalidade: Axencia de viaxes on line
Arriba
Axúdanos a mellorar!