IGREXA PARROQUIAL DE SANTA COMBA

Relixioso
528
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: A Portela (San Xulián)

Lugar: A Portela

32348  Vilamartín de Valdeorras - Ourense

Coordenadas:
42º 25' 32.0" N - 7º 01' 54.8" W

Descrición

Construción de estilo neoclásico, pero con sucesivas reformas que practicamente ocultaron as súas características iniciais. Destaca sobre todo o contraste entre a súa alta torre e a modesta nave, esta de planta rectangular e presbiterio máis elevado que o resto do edificio. Porta de acceso, en lateral, con arco de medio punto e grandes doelas. Os ocos de iluminación e ventilación son rectangulares, con predominio da altura respecto á anchura.
Esta igrexa sitúase no núcleo de Córgomo, onde podemos observar tamén numerosos exemplos catalogados de arquitectura civil; na súa contorna existen ademais varios xacementos arqueolóxicos, restos de explotacións beneficiadas polos romanos na zona de Valdeorras.

Acceso

Saímos de Vilamartín pola rúa Iryda e tomamos o desvío á dereita cara a Valdegodos. Pasado este lugar continuamos ata chegar a Córgomo.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba
Axúdanos a mellorar!