CASA DE ATÁ

Civil
598
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: A Capela (Santa María)

Lugar: Atá

15806  Toques - A Coruña

Coordenadas:
42º 58' 14.4" N - 7º 58' 57.6" W

Descrición

De planta rectangular (edificación maciza) e estructura con dúas alturas (B + I), aparello de cachotería de pedra da zona, lucido cunha mestura de area e cal. Tellado con caída a catro augas no que destaca unha gran chimenea rematada en pináculos barrocos de canteiría. Destaca pola súa orixinalidade na zona, a balconada sobre a entrada principal.

Acceso

Desde Santiago de Compostela collemos a estrada N-547 ata a localidade de Melide, na glorieta do pobo desviarémonos á esquerda pola estrada AC-840 en dirección Curtis/Betanzos durante cincocentos metros ata o seguinte cruce onde desviarémonos á dereita para desplazarse pola estrada DP–4604 pola Avenida Toques-Friol. Percorrer por esta estrada sete quilómetros e desviarse pola estrada DP-8002 A Capela/Sobrado, e por esa estrada desviarse á dereita no segundo desvío e tras un cruce de pistas chegaremos ao destino.

Camiños de Santiago

Camiño Primitivo
Arriba
Axúdanos a mellorar!