CAPELA DE SANTIAGO

Relixioso
581

Localización

Parroquia: Lagoa (San Vicente)

27776  Alfoz - Lugo

Coordenadas:
43º 30' 38.2" N - 7º 27' 20.0" W

Descrición

Consta dunha nave cuberta de madeira a dúas augas e capela maior cuberta a catro augas. Ante a fachada hai un pórtico con tres grandes arcos de medio punto. No interior do pórtico ábrese unha porta adintelada que enriba leva frontón, escudo do fundador do santuario e lápida con inscrición alusiva á súa fundación. Aos lados da porta dúas fiestras rasgadas e limosneiro sinxelo. O presbiterio leva ante sí un arco triunfal de medio punto e da teitume colga unha lámpada de metal amarelo do século XVI. No lado esquerdo hai un retablo de estilo renacemento popular, con dous corpos e frontal con pinturas deterioradas.
Arriba
Axúdanos a mellorar!