IGREXA SAN XUSTO

Relixioso
614
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Xusto de Cabarcos (San Xusto)

Rúa San Xusto de Cabarcos

27798  Barreiros - Lugo

Descrición

A fachada da igrexa de San Xusto de Cabarcos está rematada por unha espadana de dúas plantas, con dous arcos de medio punto a inferior e un a superior, asía como unha escaleira de acceso a elas no lateral dereito da edificación. A súa construción remóntase a datas próximas ó ano 900 e foi restaurada no ano 1993.
A vista do seu interior debe facerse con calma, admirando todas as xoias artísticas que contén, entre as que se atopa o retablo barroco do altar principal realizado en madeira de castaño e adornado con columnas salomónicas e abundante decoración alegórica, que data de 1753, con imaxes do Apóstolo Santiago, San Xusto e Pastor (patróns da parroquia).

Acceso

Partindo da casa consistorial, iremos dirección á parroquia de Vilamar pola nacional 634, onde ó chegar á mesma, nos desviaremos dirección San Xusto pola LU-133 e a uns metros tomaremos ó desvío á dereita pola LU-P-0609.
Despois de andar 2 km. aproximadamente, xiraremos á dereita e a 500 metros está a igrexa de San Xusto.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte

Estilos

Barroco
Arriba