IGREXA DE SANTA BAIA DE PALIO

Relixioso
565
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Cercio (Santiago)

Lugar: Santa Baia 8

36596  Lalín - Pontevedra

Coordenadas:
42º 45' 25.4" N - 8º 06' 26.1" W

Descrición

As súas orixes sitúanse no s. XI, sendo a igrexa máis antiga que se conserva no municipio. Posteriormente sería reformada no s. XII, xa na plenitude do románico, e no XVIII, no que se lle engadiría a sacristía e a espadana. A súa sinxeleza e pequeno tamaño evoca á perfección o carácter recatado do románico rural galego.
Ten planta de unha soa nave e ábsida rectangular, sobre a que destaca un año sen a cruz antefixa, conserva tamén os canzorros e a sinxela cornixa. A portada occidental é simple, sen arquivolta e con tímpano apuntado. A parte superior da nave foi refeita, gañando en altura e perdendo os canzorros primitivos.
No seu interior destaca o arco triunfal policromado de medio punto que se apoia sobre dous capiteis con motivos vexetais e unha figura no centro. Tamén poden observarse varias pinturas murais.

Acceso

Dende Lalín coller a EP-6009 (despois EP-6302) en dirección a Brántega. Dende a rotonda superior do centro comercial Deza, percorrer 10 quilómetros ata atopar, á dereita, un desvío cara a Santabaia. Collelo e a 400 metros atópase a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata

Estilos

Románico
Arriba
Axúdanos a mellorar!