IGREXA DE SANTA MARIÑA DE CARRACEDO

Relixioso
863
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Carracedo (Santa Mariña)

Lugar: O Campo

36650  Caldas de Reis - Pontevedra

Coordenadas:
42º 39' 06.5" N - 8º 38' 45.2" W

Descrición

Templo  que ten a súa orixe no mosteiro medieval de Santa Mariña de Carracedo, ó cal Alfonso VII lle fixo diversas doazóns no ano 1147.  O actual edificio ten unha planta poligonal que sufriu distintas ampliacións. A fachada é sobria e simple con porta de acceso, frontón triangular con fornelo e, sobre el, un óculo con derrame externo. Destaca, sobre todo, o campanario angular, de planta cadrada e estilo barroco. 

Acceso

Saíndo de Caldas de Reis pola estrada N-550 en dirección a Santiago, a 6 Km collemos un desvío á esquerda e a 200 metros está a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Arriba
Axúdanos a mellorar!