IGREXA PARROQUIAL DE SAN MATEO DE TOUTÓN

Relixioso
583

Localización

Parroquia: Toutón (San Mateo)

Lugar: Casco

36874  Mondariz - Pontevedra

Coordenadas:
42º 15' 21.4" N - 8º 29' 34.5" W

Descrición

Para Pereira Molares "a igrexa responde ao modelo de planta lonxitudinal, con cabeceira cuadrangular, lixeiramente máis estreita e alta que a nave. No muro costal sur do templo disponse a sancristía. Todo o conxunto é de cantaría.
A fachada principal debuxa o clásico esquema pentagonal, flanqueado por pilastras laterais, elevándose sobre o costal esquerdo un robusto campanario de planta cadrada. Este paramento frontal aparece dividido en dous corpos, situándose no inferior a porta de entrada, de arco con lintel, flanqueada por pilastras caixeadas xónicas, que resultan excepcionais na arquitectura do marco xeográfico que nos ocupa. Sobre estes soportes corre un friso, decorado cunha zumenta decoración de carácter vexetal, dispóndose no seu centro, unha grosa folla de acanto que ocupa tamén a clave da porta. Todo este conxunto de elementos configura unha portada de gran orixinalidade. Remata esta portada un frontón triangular partido, que alberga unha fornela coa imaxe de San Ramón.”

Acceso

Acceso en coche dende a estrada provincial E.P. 4301, e logo por estrada local.
Arriba