PAZO DE PODENTE

Civil
1070
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Esporiz (San Miguel)

Lugar: Podente

27560  Monterroso - Lugo

Coordenadas:
42º 48' 15.0" N - 7º 47' 38.0" W

Descrición

Edificio de construción Barroca, que porta en tres escudos as armas dos Salgado, nun dos muros, e dos Rivera, no portalón da entrada e na fachada principal. Edificio con planta en L, con dúas plantas. Está construído con cachotaría e cadeirado de granito, e cuberta de tella a dous e catro augas. Rodea o terreo e a casa un muro cun portal de acceso con arco de medio punto, cun escudo na doela central. Na parte posterior ten unha grande solaina, con balaústres e base de granito. Conserva íntegra a cociña, que se referencia ao exterior cunha grande cheminea cadrada, rematada cunha estípite en cada esquina. Para acceder ao primeiro piso hai unha escalinata de granito.

Acceso

Dende a Casa do Concello de Monterroso tomar a Avenida da Coruña, tomar o desvío de Esporiz, continuar por Camiño de Podente ata a aldea de Podente.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Arriba