PR-G 83 RUTA DO VENTO

Sendeirismo
931
No Camiño de Santiago

Localización

Trabada - Lugo

Coordenadas:
43º 24' 38.5" N - 7º 14' 20.7" W

Descrición

Na área recreativa de Chao do Couso existe unha zona de aparcamento e un panel informativo sobre os carreiros deste concello.

O roteiro transita na súa totalidade por pistas anchas de escasa pendente. O tramo inicial son 300 metros de estrada para logo emprender a subida pola suave Serra da Cadeira cara ao pico de Chao Grande (770 m.) en Cerrochán, desde onde se goza de excelentes vistas dos vales circundantes.

O bosque autóctono de carballos, madroños, acivros e abeleiras predomina na vertente norte, a unha cota inferior á pista por onde discorre a senda. Nas cimas do monte predominan as plantacións de coníferas e os espazos abertos.

O percorrido dispón de dous pequenos refuxios para a choiva en O Chao Grande e no Monte da Insua. Case dous quilómetros do traxecto son compartidos co PR-G 85 Ruta da Fraga de Vilapena e tamén no inicio conecta co PR-G 84.

Acceso

Na estrada CP-55-06 de Trabada a As Rodrigas (capital do Concello de Riotorto), no cruzamento do desvío a Vilapena.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte

Lonxitude

11,2 km.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Estrada de Trabada a As Rodrigas, no refuxio e área recreativa do Chao do Couso (Concello de Trabada).
Punto de partida: Estrada de Trabada a As Rodrigas, no refuxio e área recreativa do Chao do Couso (Concello de Trabada).

Percorrido

Área recreativa de Chao do Couso, Chao Grande, Monte da Insua, Fraga de Cabanela, Chao do Couso.

Dificultade

Media

Duración

3 horas e 15 minutos.

Conexións

Cos PR-G 84 e 85.

Material

Recoméndase ir preparado ante posibles inclemencias do tempo e portar botas de montaña, provisións e auga.

Servizos

Fora da senda, en Trabada ou en Lourenzá.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto totalmente

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

24-IV A Pontenova

Máis información

Concello de Trabada
Tel.: 982 135 011
concello@trabada.es
www.trabada.es

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese paisaxístico

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!