PR-G 85 RUTA DA FRAGA DE VILAPENA

Sendeirismo
1024
No Camiño de Santiago

Localización

Trabada - Lugo

Coordenadas:
43º 24' 31.2" N - 7º 13' 09.7" W

Descrición

O carreiro que rodea e atravesa a Fraga de Vilapena transcorre entre unha gran diversidade de vexetación autóctona. Comeza antes de chegar á aldea, nunha zona de aparcamento acondicionada cun panel informativo. Iniciando o traxecto cara a Vilapena, visítase a igrexa parroquial e obsérvanse numerosos hórreos e antigas edificacións de pedra.

O roteiro abandona as praderías do núcleo rural e penétrase entre as plantacións forestais e o tupido bosque autóctono, ascendendo cara á bifurcación e miradoiro de Pau Pico a 486 metros de altura. Retomando a senda, tras un tramo de menos dun quilómetro, esta únese co PR-G 83. Ascendendo unha breve costa, atópase un refuxio para a choiva e ambos os carreiros comparten o seu itinerario durante un bo treito.

Cara ao final, o camiño regresa á Fraga de Vilapena para dirixirse ao arroio de Vilaformán, outrora coñecido pola súa fama troitera. Se optamos por seguir a variante e facer o percorrido máis curto entraremos no interior da fraga onde se atopan vestixios de antigas carboeiras.

Acceso

Na estrada CP-55-06 de Trabada a As Rodrigas, tomar o desvío por unha estrada local ata Vilapena.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte

Lonxitude

10,3 km. A variante mide 1,9 km.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Vilapena (Concello de Trabada).
Punto de partida: Vilapena (Concello de Trabada).

Percorrido

Vilapena, igrexa de Santiago, Pau Pico, Monte da Insua, A Fraga, Vilapena.

Dificultade

Media

Duración

3 horas e 40 minutos.

Conexións

Co PR-G 83.

Material

Botas de montaña.

Servizos

Fora de ruta, en Trabada.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Non apto

Acceso a cabalo

Non apto

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

Cartografía IGN 1:25.000: 24-IV A Pontenova

Máis información

Concello de Trabada
Tel.: 982 135 011
concello@trabada.es
www.trabada.es

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese naturalista

Conexións con outros sendeiros

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba