PR-G 201 RUTA INTEGRAL SERRA CALVA

Sendeirismo
1246

Localización

A Veiga - Ourense

Coordenadas:
42º 10' 19.9" N - 6º 56' 37.6" W
42º 14' 39.0" N - 6º 47' 43.6" W

Descrición

A senda discorre polo linde entre as provincias de Ourense e Zamora. Iníciase o traxecto na Portela da Serra Calva (1.520 m), tamén coñecida como As Lagoas das Tablillas, no límite do Concello da Veiga e o municipio zamorano de Porto de Sanabria. Neste punto hai unha zona de observación astronómica, xa que o lugar goza dun ceo amplo e sen contaminación lumínica.

O percorrido discorre xunto a moitas pequenas lagoas estacionais que reciben o nome de lagoallos. A presenza destes pequenos lagos e zonas encharcadas (chamadas brañas) é a mostra do pasado glaciar destes montes.

A senda visita as lagoas glaciares de Ocelo e da Serpe, así como as praderías e os restos dos chozos utilizados antigamente polos gandeiros. Desde O Escavadoiro, o roteiro sobe xunto ao río Xares ata case o seu nacemento. Logo, conecta con outros carreiros para achegarse ao cume de Pena Trevinca.

O trazado da Integral da Serra Calva acumula 21 km, pero hai que reservar forzas para cubrir a mesma distancia no traxecto de volta. Ou baixar ata Vilanova ou á Ponte mediante outros sendeiros conectados.

Acceso

Desde A Rúa ou desde A Gudiña pola OU-533 ata o Alto do Covelo. Desviarse en dirección á Veiga. Logo proseguir ata Valdín e, en dirección a Porto de Sanabria, subir ata As Tablillas, no límite do Concello da Veiga.

Lonxitude

42 km (ida e volta obrigatoria). Hai opcións de descenso máis curto por outros roteiros.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: As Tablillas ou Portela da Serra Calva (Concello da Veiga). O final do roteiro, xunto a Pena Trevinca, non ten acceso de vehículos.
Punto de partida: As Tablillas ou Portela da Serra Calva (Concello da Veiga). O final do roteiro, xunto a Pena Trevinca, non ten acceso de vehículos.

Percorrido

Portela da Serra Calva, Sestil da Calva, Lagoa de Carrizais, Lagoa de Ocelo, Lagoa da Serpe, O Escavadoiro, collado do río Xares próximo a Pena Trevinca. E regreso.

Dificultade

Alta

Duración

14 horas (ida e volta).

Conexións

Co PR-G 200 e o PR-G 198. A través deste último tamén enlaza co PR-G 199.

Material

Roupa de abrigo, mesmo no verán. Provisións de auga. GPS e mapa.

Servizos

Fora de ruta, na Veiga.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Non apto

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

228-IV Porto, 229-III Peña Trevinca

Máis información

Concello da Veiga
Tel.: 988 350 000
www.aveiga.gal
concello.aveiga@eidolocal.es

Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese paisaxístico

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!