PR-G 221 RUTA DO MONTE CIDO

Sendeirismo
1183

Localización

Folgoso do Courel - Lugo

Coordenadas:
42º 37' 42.1" N - 7º 07' 17.5" W

Descrición

Desde o centro de Moreda, o roteiro ascende pola aldea e polo Carrozo da Gralleira nun amplo zigzag. A subida permite gozar de fermosas vistas sobre o val do Rego da Barxa e da Devesa da Rogueira. Na crista da lomba do Monte Cido atópase sinalizado o acceso ao seu cordal, coñecido polos seus importantísimos restos arqueolóxicos de necrópoles e castros, así como pola sua microrreserva de orquídeas.

A finais de 2018, colocouse un monólito en conmemoración da aparición das primeiras mostras de escritura documental romana no noroeste peninsular, xa que no Monte Cido foron descubertos varios restos de época romana.

A senda descende ao val e cruza o leito do Carrozo de Muiñelo. Na baixada descubriremos as ruínas do castelo de Carbedo. Tras atravesar novamente o curso do río, un forte zigzag ascendente lévanos á outra ladeira do Monte Cido para regresar a Moreda.

Acceso

Desde Quiroga seguir a LU-651 cara a Seoane do Courel. Antes de chegar a Seoane, tomar un desvío á dereita que indica Moreda.

Un plus

O MONTE CIDO

No Monte Cido apareceron dúas téseras de bronce. A primeira delas foi localizada en 1959 e está gardada no Museo de Lugo. A táboa gravada recolle un pacto de hospitalidade entre un destacamento romano e os habitantes dun castro. Xunto esa táboa encontrouse unha aguia de bronce dun lábaro, o estandarte que usaban os romanos. En 1984 aparecen unha segunda táboa na mesma zona, que está gardada no Museo do Castelo de San Antón, na Coruña. Reflicte outro pacto de hospitalidade de características semellantes ao anterior.

Lonxitude

7,8 km.

Punto de partida/chegada

Moreda (Concello de Folgoso do Courel)

Percorrido

Moreda, Carrozo da Gralleira, castelo de Carbedo, Liñariños, O Carbedo, Esperante, Monte Cido, Moreda.

Dificultade

Media

Duración

3 horas e 25 minutos.

Material

Recoméndase botas de montaña, provisións e auga.

Servizos

Fora de ruta, en Seoane do Courel e Folgoso do Courel.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Non apto

Acceso a cabalo

Non apto

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

157-I Seoane do Courel

Máis información

Concello de Folgoso do Courel
Tel.: 982 433 001
info@folgosodocourel.com
www.folgosodocourel.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese arqueolóxico
Interese histórico

Conexións con outros sendeiros

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!