DA FACTORÍA MASSÓ Á PRAIA DE LIMÉNS

Paseos
848

Localización

Cangas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 15' 30.8" N - 8º 47' 09.3" W

O Paseo

Da factoría Massó á praia de Liméns 

Mar infindo

O punto de inicio desta senda sitúase xunto á antiga fábrica Massó, onde se atopan os edificios xa en desuso da antiga factoría de salgadura, a conserveira e a factoría baleeira. 

Seguindo o sendeiro chegamos en primeiro lugar á lagoa de Congorza, onde viven ata 7 especies de patos e en cuxas árbores repousan a garza branca, a garza cincenta ou o picapeixe. Está situada dentro do Espazo Natural Punta Balea que conta cunha gran riqueza tanto de flora como de fauna e onde hai catalogadas máis de 400 especies de plantas, 140 aves diferentes e numerosas especies de insectos, anfibios e reptís. 

Dende aquí continuamos, bordeando a praia do Medio e a praia de Areamilla, dende onde podemos ascender á área de descanso do Outeiro para desfrutar das vistas sobre as Illas Cíes, que emerxen do océano para acompañarnos xa ao longo de todo o percorrido. 

Volvemos ao camiño ata chegar ás Furnas e, dende aquí, ata a praia do Porto para baixar despois cara aos areais de Santa Marta e Liméns onde finaliza o noso paseo. 

Nota: É necesario levar unha lanterna xa que, despois da praia de Areamilla, hai un tramo que discorre por un túnel que carece de iluminación.

Características

Lonxitude: 3,8 km (só ida)
Punto de Inicio: Factoría Massó 42°15’30.88”N / 8°47’9.40”O
Punto de Fin: Praia de Liméns 42°15’28.39”N / 8°48’34.08”O

Tipo

Ollando o mar

Tamén che pode interesar

Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba