DO PASEO MARÍTIMO ATA A PRAIA DA TORRE

Paseos
526
No Camiño de Santiago

Localización

Rianxo - A Coruña

Coordenadas:
42º 39' 12.6" N - 8º 49' 06.1" W

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla

O Paseo

Do paseo marítimo ata a praia da Torre

O repouso da ría

Comezamos no núcleo urbano, seguindo o paseo marítimo da vila, con vistas á ría de Arousa. Polo camiño atopamos zonas de descanso, así como intervencións artísticas con mosaicos de azulexos sobre persoeiros rianxeiros como Castelao, Dieste, Manuel Antonio ou Brea Segade.


Imos pasar tamén pola parte traseira de pequenos asteleiros chegando á praia do Pazo e de seguido ás ruinas do denominado castelo da Lúa, rodeado de lendas, que pertenceu á Orde do Temple, pasando despois á mitra compostelá, e consta que xa estaba arruinado a finais do século XVI. Está situado no esteiro do río Té que salvamos por unha ponte rematando o paseo na praia da Torre; con todo, aqueles que queiran continuar, poden seguir por un carreiro que se adentra entre a vexetación costeira e camiñar un par de quilómetros máis ata chegar á punta de Iñobre e ao peirao de Taragoña.

Características

Lonxitude: 1,75 km (só ida)
Punto de Inicio: Paseo marítimo (42°39'12.74"N / 8º49'05.80"O)
Punto de Fin: Praia da Torre (42°39'57.14"N / 8º49'04.00"O)

Accesibilidade a ter en conta

Desniveis con escaleiras

Tipo

Ollando o mar
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba