DA PRAIA DA RAPADOIRA Á PRAIA DE LLAS

Paseos
1346

Localización

Foz - Lugo

Coordenadas:
43º 34' 15.2" N - 7º 15' 01.8" W

O Paseo

Da praia da Rapadoira á praia de Llas 
Ollos e cantís do Cantábrico

Este paseo marítimo parte dende o porto de Foz e discorre polo beira dos acantilados ao longo de toda a ruta. 

Durante o percorrido atoparemos varios paneis con información sobre a vexetación, a fauna e as paisaxes. Ilustrarannos tamén sobre as características desta “rasa” marítima plataforma litoral que no seu día estivo cuberta pola auga e que sufriu unha potente abrasión mariña. 

Poderemos atopar tamén pequenos miradoiros con bancos nos que parar a descansar ou dende os que contemplar as fermosas vistas sobre o Cantábrico

Unha suxerente ponte de madeira faranos levitar sobre un entrante do mar e, unha vez superada, permitiranos continuar preto da escarpada liña de costa antes de chegar á praia de Llas.

Características

Lonxitude: 2,5 km (só ida)
Punto de Inicio: Praia da Rapadoira 43°34'15.20"N / 7°15'1.87"W
Punto de Fin:
Praia de Llas 43°34'43.44"N / 7°15'29.21"W

Tipo

Ollando o mar
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba