NA CONTORNA DO ENCORO DE VILASOUTO

Paseos
628

Localización

O Incio - Lugo

Coordenadas:
42º 39' 40.0" N - 7º 24' 34.5" W

O Paseo

Na contorna do encoro de Vilasouto 
Polos mares interiores de Lugo

Este paseo bordea gran parte do encoro de Vilasouto, construído no ano 1969 sobre a conca do río Mao

Partindo da aldea de Eirexalba podemos coller a pista asfaltada que da a volta ao encoro ou ben seguir unha senda paralela que discorre máis próxima ao lago. Trátase dun paseo sinxelo, moi apropiado para facer con nenos, que conta con zonas de merendeiro e que, na súa última parte, nos ofrece un bosque no que atoparemos árbores moi variadas como castiñeiros, bidueiros, cerdeiras, freixos, ameneiros, chopos, salgueiros... 

É unha paraxe ideal para relaxarse ou practicar algún deporte como a pesca, autorizada durante todo o ano para a captura de determinadas especies.

Características

Lonxitude: 2,3 km (só ida)
Punto de Inicio:
Eirexalba 42°39'40.05"N / 7°24'34.51"W
Punto de Fin:
Encoro de Vilasouto 42°39'37.46"N / 7°25'18.74"W

Tipo

Ao carón do río
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba
Axúdanos a mellorar!