DA PRAIA DE AREA MAIOR A SANTO HADRIÁN

Paseos
635

Localización

Malpica de Bergantiños - A Coruña

Coordenadas:
43º 19' 23.7" N - 8º 49' 03.1" W

O Paseo

Da praia de Area Maior a Santo Hadrián
Lendas con vistas ás Illas Sisargas

Iniciamos esta andaina de case 4 km no paseo marítimo de Malpica de Bergantiños, bordeando a praia de Area Maior. Ao rematalo, o primeiro treito é un carreiro que bordea o extremo do areal subindo entre muros ata un punto panorámico sobre a vila. A partir de aquí o camiño de terra vainos levar ata a praia de Seaia, nun ambiente máis rural.

A ruta vai subindo e chegamos á fonte Navenllos, onde facer un alto e gozar das extraordinarias vistas do litoral malpicán e do tramo percorrido. Segue a ascensión que nos vai levar ata a ermida do Santo Hadrián (séculos XVI-XVII, renovada no século XX) e á fonte do Santo, de propiedades milagreiras, e lugar de lendas vinculadas co santo.

Aquí comeza unha das rutas de sendeirismo máis populares de Galicia: o Camiño dos Faros, que remata en Fisterra. Outros dos atractivos é a visión das Illas Sisargas, de grande importancia como refuxio de aves e que semellan estar ao alcance da mán.

Características

Lonxitude: 3,6 m (só ida)
Punto de Inicio:
Praia de Area Maior (43°19'29.14"N / 8°48'36.55"O)
Punto de Fin:
Ermida de Santo Hadrián (43°20'22.56"N / 8°49'55.38"O)

Accesibilidade a ter en conta

Desniveis con escaleiras

Tipo

Ollando o mar
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba