SEIMEIRA DE VILAGOCENDE

Paseos
608
No Camiño de Santiago

Localización

A Fonsagrada - Lugo

Coordenadas:
43º 05' 31.8" N - 7º 02' 08.7" W

Camiños de Santiago

Camiño Primitivo

O Paseo

Seimeira de Vilagocende 
A fonte das fadas

Trátase dunha senda de dificultade baixa, xa que é un percorrido de pouco máis de 1 km e cunha pendente moderada, polo que é moi doada para facer na compaña de nenos. 

O percorrido discorre por una contorna de bosque autóctono de ribeira, con carballos, bidueiros e ameneiros, que non anticipa a grata sorpresa que recibiremos ao chegar ao pé da espectacular seimeira, nome co que se coñecen ás fervenzas nesta zona. Dende aí poderemos ver desbrocarse o río da Porteliña en todo o seu esplendor, formando este cadoiro de 54 m de altura considerado o máis alto de Galicia en caída libre. 

Conta tamén cunha zona de merendeiro, unha fonte e unha ponte de madeira, así coma cos restos dun vello muíño, o que completa perfectamente a visita. 

Ao pé do cachón fórmase un neboeiro de auga en suspensión que arrefría a temperatura ambiente e no que teremos que ter especial coidado nas zonas esvaradías.

Características

Lonxitude: 1,2 km (só ida)
Punto de Inicio:
Aparcadoiro sinalizado no comezo da ruta 43°5'31.86"N / 7°2'8.77"W
Punto de Fin:
Seimeira de Vilagocende 43°5'41.01"N / 7°2'44.78"W

Accesibilidade a ter en conta

Desniveis con escaleiras
Zonas de terreo esvaradío

Tipo

Na procura de fervenzas
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba