DA PRAIA DA TARROEIRA ATA O MUÍÑO DE PENA

Paseos
444
No Camiño de Santiago

Localización

O Pino - A Coruña

Coordenadas:
42º 57' 07.4" N - 8º 20' 46.4" W

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Camiño Francés

O Paseo

Da praia da Tarroeira ata o Muíño de Pena
Senda botánica do río Mera

Accedemos a esta ruta dende a N-634 no lugar da Tarroeira, collendo un desvío sinalizado á esquerda para Rabal. Ao achegármonos á praia fluvial atoparemos unha área recreativa e diversos paneis interpretativos. A senda botánica do río Mera está dividida en dous tramos. Nós escollemos o que vai dende aquí ata o Muíño de Pena.

Un carreiro pola marxe dereita do río vai amosándonos a típica vexetación de ribeira, con amieiros, carballos ou fentos. No noso percorrido atoparemos algunhas plataformas de madeira así como restos de muíños e poderemos gozar das pequenas fervenzas. Paneis explicativos dannos información das especies arbóreas que nos arrodean. Nalgúns treitos convén poñer moita atención, xa que pode resultar esvaradío ou algo estreito. Os nosos pasos finalizan no xa mencionado Muíño de Pena, convertido en establecemento de turismo rural.

Características

Lonxitude: 0,96 km (só ida)
Punto de Inicio:
Praia da Tarroeira (42°57'08.72''N / 8°20'45.93''O)
Punto de Fin:
Muíño de Pena (42°56'52.23''N / 8°20'17.30''O)

Accesibilidade a ter en conta

Desniveis con escaleiras
Terreo abrupto
Zonas de terreo esvaradío

Tipo

Ao carón do río
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba
Axúdanos a mellorar!