FERVENZA DE SANTALLA

Paseos
765
No Camiño de Santiago

Localización

Samos - Lugo

Coordenadas:
42º 39' 28.1" N - 7º 15' 26.2" W

Camiños de Santiago

Camiño Francés

O Paseo

Fervenza de Santalla
Nas entrañas do Courel

Polo val de Lóuzara discorre unha ruta artístico-literaria adicada a Fiz Vergara Vilariño, poeta nado na parroquia de Santalla en 1953 e que morreu con só 44 anos a causa dunha enfermidade dexenerativa que sufría dende neno. 

A Asociación de escritores en lingua galega e a agrupación cultural Ergueitos de Sarria puxeron en marcha esta ruta que conta cun total de 7 km e que se divide en 13 etapas sinalizadas con obras doutros tantos artistas que se quixeron sumar a esta homenaxe. 

Aquí propoñémoslles un treito de pouco máis dun quilómetro, concretamente o que vai dende o lugar de Casares ata a fervenza de Santalla. Trátase dun sendeiro que vai a carón do río Lóuzara, entre prados e bosque de ribeira que remata ao chegar ao cadoiro, que cae entre castiñeiros dende unha altura aproximada de 25 m.

Características

Lonxitude: 1,1 km (só ida)
Punto de Inicio:
Santalla de Abaixo 42°39'28.11"N / 7°15'26.22"W
Punto de Fin:
Fervenza de Santalla 42°39'4.15"N / 7°15'16.54"W
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba
Axúdanos a mellorar!