FERVENZA DAS PONTES-DONÍS

Fervenzas
234

Localización

Parroquia: Donís (San Fiz)

Cervantes - Lugo

Coordenadas:
42º 51' 30.1" N - 6º 54' 21.1" W

Descrición

Para ver a fervenza das Pontes temos que achegarnos ata a parroquia de Donís e, unha vez que entramos na aldea, baixaremos cara a igrexa de San Fiz e continuaremos ata chegar á ponte que cruza o rego de Bous.

Este rego de Bous ou de Piornedo nace en Penalonga e desemboca no río das Pontes (afluente do río Ser). En todo o seu percorrido forma varias fervenzas de pequeno tamaño, pozas e rápidos.

Pódese ver na ruta de Piornedo ao Mustallar, na estrada que vai de Campo da Braña a Piornedo (antes de chegar a Donís) ou na desembocadura cando se xunta co río das Pontes.

IMPORTANTE: Non é doado vela, xa que hai que atravesar a ponte e internarse nunha zona de moita maleza e cunha forte e esvaradía pendente cara ao río. 
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba
Axúdanos a mellorar!