SEIMEIRAS DO QUEIXOIRO

Fervenzas
403
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: A Bastida (San Miguel)

A Fonsagrada - Lugo

Coordenadas:
43º 10' 09.2" N - 7º 03' 14.9" W

Descrición

Estas seimeiras encóntranse no rego de Queixoiro, afluente do Rodil. Para chegar a elas dirixímonos á Fonsagrada, e alí collemos a estrada LU-701 en dirección a Asturias.

Despois de pasar o lugar de Paradanova collemos un desvío á esquerda ata o lugar de Queixoiro, xa que desde alí sae a ruta que nos conducirá ata as fervenzas.

Unha vez no primeiro salto de auga, duns 15 metros de altura, atoparemos unha escaleira que nos facilitará o acceso a un pequeno areal e a unha poza na que, nos días de máis calor, poderemos darnos un baño.

Tras esa primeira fervenza seguiremos pola beira dereita do río ata chegar ao segundo dos saltos de auga, duns 12 metros de altura e que, ao igual que o primeiro, está nunha zona ben acondicionada e con escaleiras de baixada para facilitar o acceso á parte inferior.

Camiños de Santiago

Camiño Primitivo
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba