FERVENZA DA CALDEIRA

Fervenzas
233

Localización

Parroquia: Xirazga (San Salvador)

Lugar: Doade

Beariz - Ourense

Coordenadas:
42º 27' 36.7" N - 8º 18' 51.1" W

Descrición

A fervenza da Caldeira atópase no río Doade ou rego de Ponto de Anta, un afluente do río Avia. Este último nace na serra do Suído, cerca de Avión, e desemboca no río Miño, cerca de Ribadavia.

Para chegar a ver a cascada, temos que coller la estrada OU-212 que vai dende Doade a Avión ata chegar á praia fluvial. Aí deixaremos o coche e seguimos a pé ata chegar á ponte. Nese punto temos dúas opcións: se o atravesamos e seguimos o sendeiro chegaremos ata o muíño, pero só poderemos ver a fervenza dende o alto. A segunda opción sería non cruzar a ponte e seguir un sendeiro polo mesmo lado do río. Desta forma chegaremos a unhas rochas onde se precipita a auga, formando a cascada. Xunto ao muiño veremos, en primeiro lugar, dúas pequenas cascadas para atoparnos despois co maior salto de agua. Se queremos acceder aos pés deste poderemos facelo descendendo polas rochas, pero con moita precaución porque soen estar molladas e ser moi esvaradías. 

Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba