FERVENZA DAS OLAS

Fervenzas
620

Localización

Parroquia: San Paio de Araúxo (San Paio)

Lugar: Guende

Lobios - Ourense

Coordenadas:
41º 53' 35.5" N - 8º 01' 08.6" W

Descrición

Para chegar ao punto de inicio da ruta que nos levará ata a fervenza iremos ata Lobios e alí tomaremos a estrada OU-1206. Unha vez pasado o lugar do Puxedo deixaremos o noso vehículo para seguir a pé. Collemos un camiño que sae á man dereita e cruzamos un regato, para seguir ata a parte alta dos saltos de auga.

Neste lugar o río Mao, afluente do río Salas, descende sobre rochas graníticas dando lugar a numerosas fervenzas e pozas.

IMPORTANTE: Aínda que non é difícil acercarse ao río, non hai camiño nin sendeiro polo que debemos movernos sobre as rochas con moita precaución para non esvarar.

Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba
Axúdanos a mellorar!