FERVENZA DO FÍRBEDA OU DE FORXA

Fervenzas
416

Localización

Parroquia: San Martiño de Porqueira (San Martiño)

Porqueira - Ourense

Coordenadas:
42º 00' 30.7" N - 7º 50' 49.0" W

Descrición

O río Fírbeda discorre entre os concellos de Calvos de Randín e Porqueira e, na localidade da Forxa, rompe violentamente as súas augas no seu curto descenso por un canón tan sinuoso como espectacular.

A ruta comeza subindo por unha pista asfaltada para seguir pola senda que atoparemos á man esquerda. Rapidamente poderemos baixar ata a beira do río para ver os primeiros saltos de auga, pero o mellor estará por chegar. Despois de cruzar un muíño en estado ruinoso poderemos baixar para ver outra fervenza. Neste caso con bastante más coidado, xa que atravesaremos a corrente por riba dunha rocha bastante esvaradía.

Adentrarse no canón á altura do río é unha temeridade, polo que é mellor retroceder un pouco para coller a senda que nos levará aos miradoiros. Se o primeiro miradoiro nos dá unha perspectiva do canón no que estivemos, o segundo permítenos ver a parte superior da fervenza, onde a agua cae dende gran altura. Hai que ter bastante coidado sobre todo se vamos acompañados de nenos, xa que non hai protección ningunha. A senda continúa en sentido ascendente e, debido ao forte desnivel, existe unha corda que nos axudará moito, sobre todo se choveu e o terreo está esvaradío.


Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba