FERVENZA DE BUDIÁN

Fervenzas
243
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Acedre (San Romao)

Pantón - Lugo

Coordenadas:
42º 27' 15.5" N - 7º 38' 32.8" W

Descrición

A fervenza de Budián atópase no rego de Aúde, afluente do río Cabe., que na súa orixe recibe o nome de rego Paradiña. Collemos a estrada que vai dende Ferreira a San Romao de Acedre (concello de Pantón) e continuamos ata un pouco antes de chegar a Budián. 

Este salto de auga atópase na zona de monte que ascende dende a estrada e non é doado chegar a ela para poder vela, xa que está rodeada de moita vexetación e grandes árbores. Aínda que o acceso é de dificultade moderada, non está sinalizada.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba