FERVENZA DE POMBEIRO

Fervenzas
119
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Pombeiro (San Vicente)

Pantón - Lugo

Coordenadas:
42º 27' 16.8" N - 7º 42' 38.6" W

Descrición

As fervenzas de Pombeiro atópanse no rego de Regueiro, que nace no monte de San Paio e, tras un corto percorrido, desemboca na marxe dereita do río Miño, antes da Central Hidroeléctrica de San Pedro II. Estes saltos de auga só poden observarse dende a estrada que une Os Peares e Pombeiro, xa que é imposible aproximarse máis a eles. 

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba