FERVENZA DE MAGROS

Fervenzas
246

Localización

Parroquia: Beariz (Santa María)

Beariz - Ourense

Coordenadas:
42º 27' 14.8" N - 8º 15' 19.7" W

Descrición

A fervenza de Magros atópase no rego de Touza, un pequeno afluente do río Doade, afluente do río Avia. Para localizar o lugar colleremos a estrada que une Beariz co Carballiño e, despois de cruzar a ponte sobre o río, podemos asomarnos polo lado dereito  e intuír o salto de auga entre a maleza. Para poder baixar a vela, hai que continuar uns metros máis pola estrada e despois camiñar cara a un promontorio rochoso dende onde iniciar a baixada, difícil pero factible para xente acostumada a camiñar polo monte.
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba