POZAS DE MALLÓN

Fervenzas
279

Localización

Parroquia: A Illa (San Lourenzo)

Entrimo - Ourense

Coordenadas:
41º 55' 24.3" N - 8º 12' 33.1" W

Descrición

Para chegar ás pozas de Mallón dirixímonos ao núcleo de Entrimo e, dende alí, collemos a estrada OU-1209 en dirección ao lugar de Olelas. Na entrada da aldea atoparemos a sinalización cara as pozas e seguiremos as indicacións para baixar por unha pista asfaltada ata o río. No punto no que remata esa pista deberemos deixar o noso vehículo para continuar a pé.

Remontaremos o río pola beira dereita para atopar unha ponte de madeira que nos permite cruzar o río Barcia ou Castro Laboreiro, pertencente á Demarcación Hidrográfica Miño-Limia. O río é fronteira natural entre España e Portugal, xa que separa o concello de Entrimo (Ourense) do concello de Melgaço (Viana do Castelo).

Ata ese punto da ruta podemos ver pequenos saltos de auga pero é, a partir de aquí, onde empezan as verdadeiras fervenzas.

O mellor lugar dende o que desfrutar dunhas excelentes vistas do conxunto de fervenzas e pozas é o miradoiro, pero para chegar a el debemos enfrontarnos a unha subida bastante esixente.

Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba
Axúdanos a mellorar!