FERVENZA DO RÍO ARNOIA NA PENEDA

Fervenzas
426

Localización

Parroquia: O Val (Santa María)

Gomesende - Ourense

Coordenadas:
42º 13' 33.3" N - 8º 06' 35.9" W

Descrición

Entre os concellos de A Arnoia e Gomesende, o río Arnoia ábrese paso dando lugar a un profundo canón balizado por grandes bosques. Para chegar a esta fervenza, dende o lugar da Ponte, collemos a estrada a Cartelle e, percorridos 2 km, seguiremos a segunda pista que atopamos á dereita ata chegar a unha central eléctrica abandonada. Detrás desta está o salto de auga. 
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba