FERVENZA DE PARRELOS

Fervenzas
330

Localización

Parroquia: Prado (San Salvador)

Covelo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 18' 49.5" N - 8º 18' 24.9" W

Descrición

Esta fervenza atópase no río Tea, que nace na serra do Faro de Avión e desemboca no Baixo Miño, en Fillaboa, concello de Salvaterra de Miño. 

Para chegar a ela podemos facer o Roteiro das Estrelas, unha ruta de 8Km que sae de Carballeira de Rei. Outra opción é que nos dirixamos ao dolmen de Rebordechán, no concello de Covelo e, nas súas proximidades, exactamente no punto con coordenadas 42.318195, -8.304668,  deixar o noso vehículo para continuar a pé. Cruzaremos unha pequena ponte e comezaremos o ascenso.

Despois de camiñar 700 metros atopamos a sinalización do Roteiro das Estrelas e da fervenza de Parrelos. Comezamos a descender e, despois de 500 metros, chegamos a un miradoiro dende o que ver o salto de auga dende arriba.

Dende aí podemos continuar por un estreito sendeiro para chegar ata un banco situado xusto enfronte da fervenza e despois continuar baixando, camiñando con moita precaución sobre grandes laxes, para chegar ao pé da poza o piscina natural que forma o salto de auga.  


Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba