FERVENZA DA GRAÑA (COVELO)

Fervenzas
131

Localización

Parroquia: A Graña (San Bernabeu)

Covelo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 19' 38.3" N - 8º 19' 17.0" W

Descrición

Para chegar a esta fervenza, en fronte da igrexa de San Bernabeu da Graña, no concello de Covelo, saltaremos o pequeno muro existente e camiñaremos escasos metros á beira esquerda do río. O acceso non está sinalizado. Trátase dunha pequeña fervenza nun regato que verte as súas augas no regueiro de Lafanteira. Para vela hai que ir en época de choivas.
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba