FERVENZA DAS CALDAS, DE LOURIDO OU DE CASTELÁNS

Fervenzas
147

Localización

Parroquia: Casteláns (Santo Estevo)

Lugar: Lourido

Covelo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 15' 45.7" N - 8º 23' 02.3" W

Descrición

No lugar de Lourido, na parroquia de Casteláns, antes de cruzar o río Tea, á esquerda, seguiremos a indicación “Fonte do Baño”. Nese punto deixaremos o coche para baixar á fonte e, desde alí, seguiremos o curso do río. Hai varios saltos río arriba e río abaixo. Baixamos por unha pista que hai en fronte do campo de fútbol e seguimos o desvío á esquerda. Ao chegar a un cruce de tres pistas, seguiremos a do medio. O acceso non está sinalizado. Na zona chamada As Caldas atopamos estas fervenzas, no lugar onde está construída a minicentral. Son case imposibles de ver, xa que a única maneira de facelo é seguir a canalización da auga. O río Tea, en pouco máis dun quilómetro nesta zona, ten un desnivel de case 200 metros, discorrendo por un canón no que forma esta sucesión de fervenzas.
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba