FERVENZA DO FÓCARO

Fervenzas
195
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: A Seara (Santa María Madanela)

Quiroga - Lugo

Coordenadas:
42º 34' 33.6" N - 7º 05' 53.3" W

Descrición

Esta é unha das fervenzas máis altas do Courel, xa que cae dende aproximadamente 30 metros de altura e ten un caudal constante durante todo o ano.

Nas aforas da aldea da Seara, no concello de Quiroga, existe unha antiga ponte que cruza o rio e, dende aquí, accederemos ao sendeiro que indica a ruta cara a Lagoa de Lucenza. Despois de camiñar aproximadamente durante 300 metros, atoparemos á man esquerda a fervenza do Fócaro.

IMPORTANTE: Debemos ter en conta que, debido á altura á que se atopa, é moi probable que no inverno haxa neve.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba