PINCHEIRA DE PORTOMAO

Fervenzas
397
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Santa Mariña do Monte (Santa Mariña)

O Barco de Valdeorras - Ourense

Coordenadas:
42º 23' 52.6" N - 7º 01' 46.6" W

Descrición

Esta fervenza, que cae dende máis de 20 m sobre unha parede de lousas cuberta de fentos, está no regueiro de Fervenza, na parroquia de Santa Mariña do Monte. Para chegar a ela dende O Barco de Valdeorras debemos coller a N-536 en dirección a Viloria e despois seguir pola estrada OU-121 cara ao lugar de Fervenza.

Atravesamos a aldea, bordeamos a igrexa e continuamos por unha pista ata atopar un sinal que nos indica o camiño que nos levará, por un carreiro, mesmo ata a base deste salto de auga.

Dende o lugar de Fervenza ata a pincheira (nome que reciben as fervenzas nesta zona) teremos que camiñar 4 Km (ida e volta), pero o percorrido non presenta dificultades.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba