FERVENZA DAS FORCADIÑAS

Fervenzas
206

Localización

Parroquia: Araúxo (San Martiño)

Lugar: Requeixo

Lobios - Ourense

Coordenadas:
41º 52' 53.8" N - 8º 02' 49.2" W

Descrición

As fervenzas das Forcadiñas atópanse no río Chao de Requeixo, afluente do río Cabaleiro, que á súa vez desemboca no río Salas.

Para chegar ata eles collemos a estrada OU-1206 que une Lobios con Cela. Unha vez que pasamos o lugar de Esperanzo, no km 9,8 desviámonos pola estrada que vai a Gustomeao.

A primeira fervenza, que ten uns 7-8 metros de altura, pódese ver dende a mesma ponte pola que cruzamos o río no coche.

Para ver as fervenzas superiores, que están a uns 150 metros da estrada, teremos que coller un camiño que sube pola marxe esquerda do río.

IMPORTANTE: no primeiro treito de subida á parte superior camiñaremos por un sendeiro, pero despois teremos que axudarnos coas mans para subir, con moito coidado, entre as rochas.
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba
Axúdanos a mellorar!