FERVENZA DE PARGA

Fervenzas
242

Localización

Parroquia: Gándara (Santa María)

Lugar: Parga

Zas - A Coruña

Descrición

Atopámola na Ruta da Auga de Zas, unha ruta de sendeirismo circular de 10 km de percorrido. En Vilar Ramilo, na parroquia de Gándara, sae un pequeno sendeiro que nos levará ata a fervenza no río Parga. Conta a lenda que nesta freixa afogouse unha rapaza pola tristura de non poder estar co seu amado e que o mozo foise e nunca máis volveu. Por iso, nas noites de lúa chea, cando o caudal é atronador, aínda se escoita á moza chamar polo seu namorado...O acceso está sinalizado. 
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba