FERVENZAS DA FRAGA

Fervenzas
182

Localización

Parroquia: Meira (Santa Eulalia)

Moaña - Pontevedra

Coordenadas:
42º 18' 57.6" N - 8º 43' 12.8" W

Descrición

Desde Moaña colleremos a estrada a Marín e cruzaremos o río por unha ponte desde a que sae un carreiro río arriba uns 4 km, ata chegar á fervenza. O carreiro está marcado en todo momento e imos ver dous saltos de auga, o maior deles duns 6 metros de altura. Atoparémolos no rego da Fraga, que nace na serra de Domaio e desemboca na enseada de Moaña. Neste punto ten un tramo con rápidos e pequenas fervenzas cunha estreita faixa de vexetación de ribeira ben conservada rodeada de eucaliptos. A ruta é sinxela.
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba