RÁPIDOS DO REGO DE CUBELOS

Fervenzas
140

Localización

Parroquia: San Tomé de Insua (San Tomé)

Vila de Cruces - Pontevedra

Coordenadas:
42º 50' 24.7" N - 8º 12' 06.1" W

Descrición

Seguiremos a estrada de Vila de Cruces a Arzúa. Ao pasar Vilanova desviarémonos á esquerda para chegar a Insúa. Ao chegar a Santo Tomé pasaremos a igrexa e baixaremos ao río. Despois de cruzar a ponte deixaremos o coche, colleremos o camiño que sae á esquerda, unha vez cruzada a ponte. Alí chegaremos a unha casa que nalgún momento foi un muíño, onde veremos dous saltos de auga en paralelo. Chegar ata os saltos non é nada complicado aínda que non hai sinalización. O rego e Cubelos é un afluente do río ulla.
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba