FERVENZA DO RÍO DE SAN PAIO

Fervenzas
291

Localización

Parroquia: Matasueiro (San Lourenzo)

Outes - A Coruña

Coordenadas:
42º 53' 06.1" N - 8º 56' 35.1" W

Descrición

O roteiro para descubrir esta fervenza comeza na capela de San Paio, na parroquia de Matasueiro do concello de Outes. Á beira da capela deixaremos o coche e seguiremos o camiño que sae a man esquerda. Este camiño posteriormente convértese nunha senda, que está balizada con puntos azuis. Para ver a primeira fervenza só nos teremos que desviar un pouco do camiño orixinal. A ruta para chegar ata a fervenza ofrece certa dificultade. A freixa atoparémola no río San Paio, formado pola confluencia do río do Couto, o rego Vao da Casa e o rego de Gosolfre.

Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba