FERVENZA DE QUINTAS

Fervenzas
156
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Codeseda (San Xurxo)

Lugar: As Quintas

A Estrada - Pontevedra

Coordenadas:
42º 36' 25.1" N - 8º 26' 09.4" W

Descrición

Desde A Estrada seguiremos pola EP-7001 ata Codeseda e desviarémonos á dereita pola estrada PO-222 ata chegar á aldea de As Quintas. Alí deixaremos o coche e tomaremos unha pista de terra que sobe durante 200 metros. Ao chegar á primeira curva, colleremos o carreiro que sae a man esquerda e que nos levará á parte baixa do río. Unha vez que o carreiro chega ao río, remóntao pola súa beira dereita. Atoparemos dous muíños e varias fervenzas pequenas. O salto maís alto acada uns 5 m de altura, pero o camiño ata chegar a ela complícase moito.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba
Axúdanos a mellorar!