POZO DO INFERNO DE LUNEDA

Fervenzas
256

Localización

Parroquia: Luneda (Santa María)

A Cañiza - Pontevedra

Coordenadas:
42º 09' 38.9" N - 8º 18' 50.8" W

Descrición

Na estrada da Cañiza a Luneda. Desde o centro desta poboación, a carón da capela e do parque, colleremos un cruce á dereita e onde remata o asfalto seguiremos unha pista á esquerda ata chegar ao río. Seguindo río abaixo pódense ver varios saltos e rápidos. Atopámolo no rego de Acebal ou de Luneda, afluente do río Deva, que neste punto baixa da Serra de Paradanta. O acceso non está indicado.
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba