CAPELA DE SAN ROQUE

Relixioso
446

Localización

Parroquia: Darbo (Santa María)

Lugar: San Roque do Monte

36949  Cangas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 15' 30.4" N - 8º 47' 24.5" W

Descrición

Situada  nos termos da parroquia de Darbo, dende o alto contémplase unha fermosa vista da Ría de Vigo e de Cangas. Foi levantada no século XVI, probablemente a consecuencia das fortes pestes que arrasaron a comarca nesa época. Nun principio estivo adicada a San Sebastián, patrón de todos aqueles salvados dunha morte segura. Este santo é representado semi espido, atado a unha árbore e con varias frechas cravadas no corpo. No século XV San Sebastián é substituído por San Roque, o cal está representado dende un principio ensinando as súas feridas nos nocellos e acompañado sempre por un can. Ambos os santos pasaron a ser os protectores da peste. Veneráronse con entusiasmo durante as epidemias de cólera que padeceu Cangas en 1832, 1854 e 1892. Sacábanos en procesión á vez que se atacaba ao mal con luminarias nas que se queimaban plantas aromáticas e loureiro para purificar o aire, botando todo isto despois polas roupas dos mortos para evitar contaxios. A festividade de San Roque celébrase o 16 de agosto e o de San Sebastián o 20 de xaneiro.

Acceso

Saír do núcleo urbano pola PO-551 dirección Bueu, seguir por esta estrada 900 m, logo desviarse a esquerda polo Camiño Vello de San Roque, despois de 550 m xirar a dereita pola Subida a San Roque do Monte, tras 100 m chégase a Capela.

Estilos

Renacentista
Arriba
Axúdanos a mellorar!