TERRAS DO MIÑO

Espazos naturais
No Camiño de Santiago
1390
Natureza Espazos naturais Reserva da biosfera

Localización

Lugo

A Pastoriza | Abadín | Alfoz | Baralla | Begonte | Castro de Rei | Castroverde | Cospeito | Friol | Guitiriz | Guntín | Lugo | Láncara | Meira | Mondoñedo | Muras | O Corgo | O Páramo | O Valadouro | Ourol | Outeiro de Rei | Pol | Riotorto | Rábade | Vilalba | Xermade

Coordenadas:
43º 11' 26.6" N - 7º 31' 48.5" W

Descrición

O río como bandeira
O bosque sagrado que significaba palabra latina lucus da que é doado derivar Lugo non se entende sen o río Miño, venerado coma un pai ata a actualidade. A Reserva da Biosfera abrangue desde as serras do norte ata o sur da cidade amurallada. En total, o corenta por cento da provincia de Lugo, que conta ademais con outras dúas reservas declaradas pola UNESCO, e máis da metade da súa poboación.
Estamos na conca alta, pero non rápida. Permítenos saborear o camiño con tranquilidade. Primeiro, Fonmiñá, gravado na memoria escolar como lugar de nacemento do río Miño, é ben merecente dunha visita que se prolongue ata as fontes máis altas da serra de Meira como o Pedregal de Irimia. Aquí acharemos un humilde regato entre grandes moles de pedra, acumulación de orixe glaciar.
As augas axiña se remansan nas paisaxes horizontais da comarca da Terra Chá. Outros ríos únense á rede fluvial e, sobre todo, gañan protagonismo as lagoas. Logo acaroase á cidade de Lugo cunha historia bimilenaria concentrada nas Murallas Romanas (Patrimonio da Humanidade) que poderemos percorrer integramente polo adarve. Pero a dez minutos extramuros chámanos o rumor paseniño das augas se andamos á procura dos bosques sagrados e outras marabillas naturais como as insuas ou illas de río.
As rutas da auga conectan e aproveitan os camiños de Santiago: o Camiño Francés, no límite sur da reserva; o Camiño Primitivo, que atravesa a cidade de Lugo; e o Camiño do Norte, procedente da cornixa cantábrica. Centos de quilómetros que amosan a convivencia histórica entre a natureza e as actividades humanas tradicionais da agricultura e a gandería.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Camiño Primitivo

Sen perdida

O parque fluvial de Lugo esténdese en paseos, sendeiros e pasarelas que enlazan entre si os recursos naturais e culturais vencellados ao río. Un bo lugar de partida, a poucos minutos de Lugo, é o centro de interpretación na ribeira do río Fervedoira. O paseo pola ribeira deste pequeno cauce enlaza coa marxe esquerda do Miño recuperada como unha estupenda área de lecer da cidade.
No centro de interpretación acharemos toda a información sobre o patrimonio natural e etnográfico que ao desprazarnos pola reserva poderemos ver en directo: as insuas, algunhas con pasarelas de acceso; os caneiros, numerosas presas baixas dedicadas ás famosas pesqueiras de anguía do Miño; ferrarías como o Mazo de Santa Comba. Neste aspecto, salienta tamén o Complexo Etnográfico da Fervenza que conta con muíño, pesqueira e fragua.
As principais vías de comunicación que atravesan a reserva permiten acceder de xeito rápido a outros lugares de interese. Dun extremo a outro acharemos excelentes mostras arquitectónicas como o mosteiro de Meira ou a fortaleza de San Paio de Narla (Friol), visitable e convertida en museo; restos arqueolóxicos como o castro de Viladonga ou os achados romanos de Santalla de Bóveda; ou exemplos de artesanía tradicional como a olaría de Bonxe (Outeiro de Rei).

Servizos

Aloxamento: Si.
Comer: Si.

Superficie

Extensión: 363.668,9 hectáreas.

Situación

Os municipios incluídos na Reserva da Biosfera ascenden a un total de 26: Abadín, Alfoz, Baralla, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, Cospeito, Friol, Guitiriz, Guntín, Láncara, Lugo, Meira, Mondoñedo, Muras, Ourol, Outeiro de Rei, O Páramo, A Pastoriza, Pol, Rábade, Riotorto, O Valadouro, Vilalba e Xermade.

Información e equipamentos

Promoción Turística “Terras do Miño”
Teléfono: +34 902 101 117
Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social (INLUDES)
Teléfono: +34 982 227 812
Deputación Provincial de Lugo. Reserva de la Biosfera "Terra do Miño"
Teléfono: +34 982 265 358
Conjunto Etnográfico A Fervenza
Teléfono: +34 982 150 610
Enderezo: CarreteraLugo-Páramo (O Corgo)
Centro de Interpretación Terras do Miño
Teléfono: +34 902 101 117
Enderezo: Río Fervendoira - Lugo
Aula de Naturaleza del Veral (Lugo) y Centro de Recuperación de Fauna Salvaje O Veral
Teléfono: +34 982 207 705
Enderezo: Carretera de Friol - Lugo
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.

Plano

Última actualización: 04/05/2015
Arriba