IGREXA DE SAN PEDRO FIZ

Relixioso
1003

Localización

Parroquia: O Ribeiro (San Pedro Fiz)

Lugar: San Fiz

32847  Bande - Ourense

Coordenadas:
42º 00' 47.9" N - 7º 55' 34.9" W

Descrición

A igrexa presenta planta rectangular con presbiterio elevado. Na fachada, porta con arco de medio punto e pequeno ollo de boi no frontispicio. A espadaña ten un corpo de arcos coroado por un frontón triangular. No interior, o retablo maior ten relevos con escenas hagiográficas de San Pedro. Outras imaxes a destacar son as de Santiago Apóstol, San Roque, San Francisco, Virxe do Carmen, do Rosario e a Inmaculada.

Acceso

A 7.6 km do centro de Bande seguindo a estrada OU-301. Partimos dende a casa do concello pola estrada OU-301 ou tamén chamada rúa Mestre Taibo. Xirar á dereita a 4,4km., a 400m xirar á esquerda e despois recto ata o recurso. 
Arriba
Axúdanos a mellorar!