CAPELA DE PENASILLÁS

Relixioso
No Camiño de Santiago
210

Localización

Parroquia: A Laxe (San Xoán)

Lugar: Penasillás

27512  Chantada - Lugo

Coordenadas:
42º 37' 31.0" N - 7º 50' 58.9" W

Descrición

Edificio de planta rectangular e de pequenas dimensións, con muros de cachotería e cantería de granito e cuberta a dúas augas.
O frontispicio ten unha portada alintelada, e remata esta cun campanil sinxelo dun só van.
O retablo que se conserva na capela maior é moderno, aínda que ten algún engadido de retablos barrocos.

Acceso

En Chantada coller a estrada LU-213 en dirección Lalín-Santiago. A 6,5 km aproximadamente tomar desvío á esquerda pola LU-202.

Accesibilidade

Peonil e/ou en autobús e/ou en coche.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.
Última actualización: 11/12/2017
Arriba